Guión corto : "Ollos mentireiros"

OLLOS MENTIREIROS

Introducción dunha melodía alegre e viva para un encontro romántico. (love me like you do.Ellie Gouling)

África e Xavi encóntranse danse un bico e van camiñando...(falando das súas cousas):
África: Ola meu amor!
Xavi: Que tal meu continente favorito? (danse un bico).
(danse moitos bicos quérense moito)
Comezan a camiñar por un paseo preto da praia, cando terminan de dar un paseo (planos camiñando dende adiante e dende atrás). Suben na moto (planos indo na moto), escoitase un ruído (pantalla en negro),ruído de ambulancia.
ESCENA II

Xavi aparece nunha cama ca cabeza enrolada en vendas. Ao lado están as súas amigas: Adela e Branca.
Xavi: onde estou?
Adela: na túa habitación, levas moito tempo en coma…
Branca: si, case dúas semanas
Xavi: que pasou?
Adela: tivechedes un accidente…
Branca: como te encontras?
Xavi: un pouco atontado… (quedase dormido outra vez)
Adela e Branca saen da habitación chorando cunha foto na man das tres (Adela, Branca e África)

3 meses despois…(pasando calendario). (elastic girl. Sia)

(báixase a melodía)

Encóntranse nun bar(Guilligams) Adela e Branca tomando(auga) e chega Xavi(cóctel)
Adela: Home Xavi, canto tempo! (abrazo)
Xavi: Xaaa, moito!
Branca: Qué tal, cómo che vai? (abrazo, bico e cara de preocupación).
Xavi: Aínda teño algunhas secuelas do accidente, pero bueno, espero estar recuperado en dúas semanas, e vós que tal vos vai? Fai moito tempo que non nos vemos! (con expresión feliz)

As súas amigas quédanse mirando desconcertadas, non entenden a actitude de Xavi tras a morte da súa moza.

Branca: bueno, alegrámonos moito, séntate con nós anda

(comeza outra vez elastic girls.Sia)

Os tres póñense a falar sobre outros temas (plano dos tres falando)

Xavi marcha, quedan as dúas amigas falando preocupadas sobre a súa actitude tan sorprendente.

(báixase de novo a melodía)

Branca: non o entendo… Que lle pasa? Olvidaríase xa?
Adela: Dubídoo moito, penso que é unha actitude de impacto tras o ocurrido, estouno dando na facultade.

Expresións incomprendidas e plano alexándose.

Escena III

Encontramos a Xavi falando con alguén (en teoría África) no móbil ( pola rúa peonil) cun sorriso de orella a orella e uns ollos iluminados.

Xavi(a´África'): vale quedamos onde sempre non? Quéroche.

Melodía viva (Issues.Julia Michaels)

Aparece Xavi abrazando a África (NA FIGUEIRA)

Xavi: Non sabes o que che botei de menos en estas dúas semanas… Deus! Soñaba ca chegada deste momento!

Péchase a escena cun amplio plano xeral. (báixase a melodía)

ESCENA IV:

(Súbese a melodía de novo; Issue. Julia Michaels)
Aparece Branca (cachada) subindo unhas escaleiras chamando a Xavi.
(plano desde arriba)

Branca: Ola encanto, son eu, Branca, que tal vai todo?

(Xavi andando pola rúa)

Xavi: Home! Que agradable sorpresa!Moi ben e ti?

Branca: bueno.. ahí vamos, acabo de chegar de Santiago e nada, avísoche para saber se queres que nos vexamos. (pausa, silencio)
Xavi...non che saco da cabeza, penso en ti día e noite, estou preocupada…
Xavi: (pausa, non da crédito ao que acaba de escoitar) Branca?... Non sei que decirche, ti sabes o que pode pensar a túa amiga? Pensei que eras diferente…

Branca: Xavi, que dis? Como lle vai parecer mal?

Xavi: (comézase a cabrear e a alzar a voz) como non se vai enfadar?

Xavi colga, Branca non se explica o sucedido.

(para a música)

ESCENA IV

Xavi enfurecido chama a Adela contándolle que Branca declarouselle.

Xavi: Ola Adela, podes falar? Sinto molestarche pero necesito consellos sobre algo que me acaba de ocurrir.

Adela: Non te preocupes, podo falar dime, que pasou?
Xavi:Acaba de chamarme Branca e declaróuseme, estou flipando, creo que vou quedar con África agora mesmo e voullo dicir para que vexa que amiga ten… Non mo esperaba pola súa parte, pensaba que a coñecía…

Adela: (pausa, sorprendida, boquiaberta, tatarea) Xavi… non che entendo… Se queres quedamos e falamos as cousas, si?
Xavi: perfecto.

ESCENA V

Adela chama rápidamente a Branca para contarlle o sucedido.

Adela: Acabo de falar con Xavi, non sabes o que me dixo… (plano central)
Branca: Que pasou? Chameino para quedar con él e colgoume, empezou a tolear decíndome que non o esperaba de min e non sei que non se espera de min. (resoplo)Non entendo (plano central)
Adela: Enserio? Pois díxome que te declararas.Vou falar con él. (plano central)

melodía intriga (rynos theme)

(Plano: Xavi aparca a moto, timbra na casa de Adela)

Adela: séntate e cóntame (sofá)
Xavi: A ver cóntoche rápido que quedei con África dentro de 10 minutos..
Adela: (interrúmpeo)Xavi, como que África?

FLASHBACK (todas en branco e negro)

ESCENA VI


melodía tensa (rhinoceros)

Médico acércase a Adela e Branca que se atopan sentadas nun banco (centro saúde) (plano medio) cóntalles a tráxica nova; África morreu no accidente da moto que aconteceu a comezos da obra.

As dúas míranse anonadadas e cámbiase de escena.

ESCENA VII

melodía tráxica

Aparecen as dúas amigas chorando están na Igrexa de Sta. Eulalia, ao lado dunha tumba falando cunha señora, a súa nai. (PLANO XERAL)

ESCENA VIII

Xavi abrazando, da man, bicando, dando o  casco da moto, un selfie  (nesta escena aparece África para quitar a foto) con África.

Todo o anterior igual, pero sen África.

ESCENA IX

Xavi sale da Casa con Adela para ir xunta Branca e pedirlle perdón (lugar aleatorio).

ESCENA X

Os tres andando xunto a pantasma de África.
(plano xeral)



NOTAS DE PRODUCCIÓN

Xavi: Anxo Nieto Lojo
África: Celia Fernández Tubio
Adela: Adriana Diéguez Fernández
Branca: Elena García Rey
Médico: Darío Fernández Blanco
Madre de África: Josefa Tarela Outeiral

Comentarios

Entradas populares de este blog

Ollos Mentireiros.